HomeVigoPazos de BorbénPSOE, PP e BNG bloquean o futuro de Pazos de Borbén cun...

PSOE, PP e BNG bloquean o futuro de Pazos de Borbén cun “non” sistemático a todo

- Anuncio -spot_img

·       A oposición rexeita orzamentos, contas, pagamentos e festivos, ignorando chamadas a resposabilidade e prexudicando directamente aos veciños.

O pleno celebrado onte no Concello de Pazos de Borbén deixou patente, unha vez máis, a estratexia da oposición formada por PSOE, PP e BNG: dicir “non” a todo, independentemente de que as propostas sexan positivas para o municipio.

O exemplo máis grave foi a non aprobación dos Orzamentos 2025. Desde o goberno local realizáronse numerosas chamadas, peticións de reunión e solicitudes de achegas e ideas. O único grupo que presentou propostas foi o BNG, e malia incluírse algunhas delas no documento final, tamén votou en contra. PSOE e PP, pola súa banda, non se dignaron a participar no proceso nin a presentar achegas, chegando ao pleno sen propostas e votando igualmente en contra.

Ademais:

·         Rexeitáronse as contas xerais, o que implica a perda do dereito a optar a subvencións importantes. Resulta especialmente incoherente que no exercicio anterior fosen aprobadas polos mesmos grupos que agora as bloquean.

·         Votaron en contra do pagamento de asistencias a pleno e comisións, así como de facturas de subministracións esenciais para o funcionamento do concello. Estes servizos viron incrementado o seu custo nos últimos anos, e estamos traballando cun orzamento herdado de 2022 que non cobre as partidas actuais. É importante lembrar que o PP, no seu último ano de goberno, levou a recoñecemento extraxudicial máis de 250.000 euros en facturas, contando con maioría absoluta e orzamento propio, mentres que agora rexeitan que este goberno leve a pagamento 48.000 euros, deixando aos provedores sen cobrar a pesar de que temos fondos dispoñibles na caixa para facelo. En definitiva, hai diñeiro, pero a oposición non quere que se pague.

·         Non aprobaron a proposta de festivos locais para o ano, malia que dos dous festivos propostos polo PP un coincidía coa proposta do goberno. Aínda así, votaron en contra sen sequera contemplar a abstención.

Esta actitude deixa claro que a prioridade da oposición non é o interese xeral nin o progreso de Pazos de Borbén, senón un bloqueo político sistemático que prexudica directamente á veciñanza.A pesar desta pinza de PSOE, PP e BNG, o goberno local continúa traballando, coa recente publicación das bases de axudas escolares e o impulso de diversos proxectos que seguirán adiante dentro das posibilidades actuais. Non obstante, é evidente que o noso municipio podería alcanzar un nivel moito máis alto se a oposición deixase de poñer trabas a cada paso.

Publicacións Relacionadas