Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu organizará as II Xornadas de Exaltación do Polbo...

O concello de Bueu organizará as II Xornadas de Exaltación do Polbo que se celebrarán durante maio

- Anuncio -
  • Os locais hostaleiros interesados en participar poderán inscribirse antes do 1 de marzo de forma presencial, por correo electrónico ou teléfono
  • Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, destaca que as xornadas complementaranse con actividades paralelas, decoración e música pola rúa coa idea de instaurar “Bueu como capital do Polbo”

O Concello de Bueu volverá organizar as II Xornadas de Exaltación do Polbo que se celebrarán durante o mes de maio e que buscarán poñer en valor o polbo da vila. Por este motivo ábrese un prazo de inscrición ata o 1 de marzo para que os locais de hostalaría local interesados poidan participar. As vías de inscrición son tres: ou ben por correo electrónico silvia@concellodebueu.gal indicando no asunto “Xornadas do Polbo”, de xeito presencial no 2º andar do Concello de Bueu ou no teléfono móbil 663250166.

Segundo destaca Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, o obxectivo é “atraer máis persoas e para iso este ano contaremos con máis actividades paralelas durante as xornadas, ademais de decoración e música pola rúa, todo coa idea de instaurar Bueu como capital do Polbo”.

As xornadas celebráronse o pasado ano cunha gran acollida e substitúen á Festa do Polbo, que levaba xa unha vintena de edicións ás costas e que demandaba un cambio de formato. Ante iso, dende o Concello e conxuntamente coa Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, decidiu crearse este formato co fin de desestacionalizar a proposta e promover tamén a hostalaría local.

Dado que o máis atractivo da festa eran as tradicionais e orixinais especialidades elaboradas con polbo, este seguirá sendo o seu distintivo. Así, durante dez días de finais de abril cada local participante na nova iniciativa ofertará un prato no que o Polbo de Bueu sexa o protagonista. Que o polbo sexa da vila é un dos requisitos principais, e o Concello, man a man coa Confraría, subvencionará unha parte do prezo do produto.

Relacionadas

A Deputación conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia visibilizando...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, acaba de inaugurar no CIFP Manuel Antonio de Vigo a exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”,...

O concello de Ponteareas e o concello de Salvaterra de Miño solicitan ao Estado...

0
O concello de Ponteareas e o concello de Salvaterra de Miño unen forzas e solicitan 2.036.762€ ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto...

O BNG de Vigo demanda coñecer cantas vivendas protexidas se proxectan no Barrio do...

0
A fronte nacionalista reclama información detallada sobre a modificación aprobada pola concelleira de Urbanismo para pasar de 157 a 181 novas vivendas nesta promoción...

Avanzan as obras de mellora nos vestiarios das instalacións deportivas do Casal

0
Continúan a bo ritmo as obras de mellora nos vestiarios e almacéns das Instalacións  Deportivas de O Casal, financiadas a través do Plan +...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Cambados para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Novos cursos Celga no concello de Ponteareas

0
O Concello de Ponteareas informa da nova convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos Celga 2, Celga 3 e Celga...

Publicacións Relacionadas