Home Pontevedra O Concello de Salceda en contra de Altri coa abstención do PP

O Concello de Salceda en contra de Altri coa abstención do PP

- Anuncio -

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas aprobou unha declaración institucional en contra do proxecto de Altri. O acordo aprobouse co voto a favor de MS, PSOE e BNG, e coa abstención do Partido popular, que definiu o proxecto como “unha oportunidade única para Galicia”.

O proxecto prevé a implantación dunha industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas, promovido por Greenfiber, S.L., foi declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2022, e vaise implantar no Concello de Palas de Rei.

Considera o Concello de Salceda de Caselas que con este proxecto resultarán gravemente afectados o patrimonio cultural e natural da comarca da Ulloa e limítrofes. Así mesmo afectará ás augas e á atmosfera, ao envelenar con elevadas cantidades de compostos químicos o río Ulla e emitir gases contaminantes que por acumulación estragarían cultivos e afectarían directamente a saúde das persoas e da terra. O proxecto ocupará 360 ha, destruíndo hábitats de altísimo valor ecolóxico, incluídos na proposta de ampliación da Rede Natura, con poboacións de especies protexidas, e facendo da eucaliptización a nova paisaxe da zona centro de Galicia.

Con estes datos, o Concello de Salceda de Caselas, posicionouse en contra do proxecto de Altri, coa excepción do PP, animando á veciñanza a presentar alegacións ata o 17 de abril, último día para facelo.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: Agradecemos a PSOE e BNG que se sumasen á proposta de Movemento Salceda. Dixemos alto e claro que Salceda apoia á Plataforma Ulloa Viva nas súas reivindicacións. Proxectos que se amparen unicamente na suposta creación de emprego non poden hipotecar o futuro da nosa terra e do noso País.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas