HomePontevedraCaldasO concello de Caldas de Reis acomete os traballos de renovación da...

O concello de Caldas de Reis acomete os traballos de renovación da rede de abastecemento en Eirín

- Anuncio -spot_img

A actuación comenzou esta semana, despois de que a Administración local acadase os permisos pertinentes da Diracción Xeral de Patrimonio, requisito indispensable para poder facer realidade a obra

O alcalde, Jacobo Pérez, explica que se están instalando 40 metros de nova tubaxe e se eliminará o afundimento detectado na curva de Eirín, provocado polo mal estado da infraestrutura

O alcalde de Caldas de Reis, Jacobo Pérez, vén de supervisar os traballos que o Concello iniciou esta semana no núcleo de Eirín, dentro dunha actuación encamiñada a renovar un tramo da rede de de saneamento nesta zona. Tal e como recorda o propio rexedor, que estivo acompañado na visita polo edil de Medio Ambiente, Juan Carlos Ortigueira, esta é unha obra importante, xa que serve para dar resposta a unha demanda veciñal que “se non se fixo antes foi porque era preciso cumprir con todos os requisitos e permisos administrativos correspondentes”.

O Goberno local era consciente do afundimento que se rexistrou nun tramo da pista, como consecuencia do mal estado da rede. Maila que nun primeiro momento o Concello confiaba en poder resolver o problema cunha obra menor, os técnicos municipais constataron que ía ser preciso substituir un tramo duns 40 metros da tubaxe. Para poder realizar esta actuación, moito máis ampla, a Administración local tivo que agardar a obter o visto bo da Dirección Xeral de Patrimonio. “Unha vez que acadamos todos os permisos comezamos a obra”, indica Jacobo Pérez. O alcalde remitiu unha carta ás persas residentes na zona para informarlles dos detalles da actuación e explicar as razóns polas que non se puido acometer antes este arranxo. “Desde o primeiro momento eramos conscientes da necesidade de actuar, pero había que agardar a que Patrimonio nos dese luz verde”, recalcou o rexedor caldense. Agora, o Concello confía en que estes traballos finalicen no menor tempo posible. Pérez Gulín tamén quixo agradecer a colaboración e a comprensión dos veciños e veciñas da zona.

A posta en marcha destes traballos conleva a organización dun dispositivo especial, que deriva no corte do tráfico rodado no punto no que se está a instalar a nova tubaxe. Mentres continúen realizándose as obras só poderán acceder por este emprazamento os vehículos das persoas residentes. Para poder desprazarse ata a gardería habilitáronse varios accesos desde Barreiros, O Pazo e a Rúa Ouvella, ademais dun desvío alternativo. O alcalde recorda que “estamos a disposición da veciñanza no Concello para resolver calquera dúbida que puidera xerar esta actuación”. Os traballos enmárcanse dentro da folla de ruta que o Concello está a realizar neste mandato, de cara a ampliar, mellorar e garantir os servizos básicos nos núcleos e nas zonas do rural da capital da comarca do Umia.

Publicacións Relacionadas