HomePontevedraCaldasO concello de Caldas de Reis reforzará o persoal municipla con sete...

O concello de Caldas de Reis reforzará o persoal municipla con sete incorporacións temporais a través do programa +Provincia

- Anuncio -spot_img

A Administración local contará cun oficial de 1ª de albanel, 2 peóns de obra pública, tres de limpeza e un inxeñieiro forestal

O investimento para estas contratacións, con contratos de dez meses, ascenderá a preto de 160.000 euros

Un ano máis, o Concello de Caldas de Reis prevé reforzar de xeito temporal o persoal municipal, coa contratación de sete persoas, a través da Liña 3 do Programa +Provincia da Deputación de Pontevedra. O investimento ascende a un total de 158.796,45 euros, que irá destinado á contratación temporal, por un período de dez meses, dun total de sete persoas. A intención do Goberno local é completar coa maior axilidade posible o proceso de selección, de xeito que estes profesionais poidan iniciar as súas tarefas canto antes.

Os contratos serán de 30 horas semanais, cunha duración de dez meses. Poderán acceder a estes postos persoas que se atopen inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. A través desta xestión, a Administración local pasará a contar cun oficial de 1ª de albanel, dous peóns de obra pública, tres peóns de limpeza e un enxiñeiro forestal. Todos eles desevolverán os seus labores ata o 31 de decembro de 2026.

Tal e como se establecen nas bases de contratación, que se poden consultar na Sede Electrónica do Concello, ademais dunha proba práctica, teranse en conta tamén outros factores á hora de establecer as puntuacións definitivas. Deste xeito, preferencia aquelas persoas que se atopen en situación de desemprego de longa duración, así como aquelas mulleres e mozos e mozas con baixa cualificación. Tamén terán máis posibilidades de acceso a estes contratos temporais persoas maiores de 45 anos ou aquelas que poidan acreditar unha discapacidade física de máis do 65% ou con máis dificultades para acceder ao mercado laboral. As vítimas de violencia de xénero, as familias monoparientais e as persoas con nieveis de renda máis baixa tamén terán prioridade no proceso selectivo.

A Oficina Pública de Emprego será a encargada de poñerse en contacto coas persoas seleccionadas, para informarlles da data, hora e lugar e recollida da documentación. Todas elas disporán dun prazo de tres días hábiles para presentar a información correspondente. A partires de aí, publicarase unha listaxe provisional e abrirase un prazo de tres días hábiles para a presentación de posibles reclamacións. O alcalde, Jacobo Pérez, salienta a importancia de contar con este persoal temporal, xa que “servirá para reforzar áreas como Obras ou Servizos, que desenvolven un labor moi importante no que a limpeza, arranxo e mantemento dos espazos públicos se refire”.

Publicacións Relacionadas