Home Vigo Baiona A Concellería de Turismo realiza unhas visitas guiadas na península de Santa...

A Concellería de Turismo realiza unhas visitas guiadas na península de Santa Marta “Seguindo os pasos de Drake” orientadas a un público infantil para realizar en familia

- Anuncio -

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio. Tras o éxito de participación e interese suscitado na primeira visita, que se realizou en Semana Santa, a Concellería de Turismo volve realizar as visitas guiadas na península de Santa Marta, “Seguindo os pasos de Drake”, orientadas a un público infantil para realizar en familia, na que nais, pais e fillos/as participen conxuntamente nas visitas, pasando un intre agradable coñecendo un pouco da historia local. Estas visitas centrarase na chegada do corsario inglés Francis Drake a esa zona da Vila e explicaranse os elementos significativos do lugar, todo iso, de forma didáctica a través de xogos, adiviñas,…

O punto de encontro para as saídas serán ás 11:30 horas no posto de salvamento da praia de Santa Marta. A primeira delas terá lugar o domingo 19 de maio. No mes de xuño as actividades celebrarase os domingos 23 e 30.

As visitas son gratuítas e é necesaria a inscrición previa, unha semana antes de cada das actividades, na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal ou a través do teléfono: 986 68 70 67

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas