O concello de Mos comeza a reposición dos muros danados polos temporais e intensas choivas nos viais do municipio

adminON
Lectura mínima de 2

A próxima semana dará inicio un plan de actuación que reparará e restituirá por completo os danos causados en muros e peches perimetráis en diferentes parroquias de Mos.

Os concelleiros de Obras Camilo Grandal e de Patrimonio Leo Costas visitaron esta mañá os desperfectos que o temporal causou na zona da Furna, que iniciará a súa reposición nas próximas semanas.

As intensas choivas e os temporais dos últimos meses, levan causado un gran número de desperfectos en diferentes peches e viáis municipais do Concello de Mos, por isto o consistorio mosense dará inicio nas próximas semanas a un ambicioso plan de reparación de todos estes desperfectos.

O plan de reparacións comezará nos próximos días na subida á Cañoteira, na parroquia de Sanguiñeda, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra para continuar na Rúa Olegario Rodríguez Pérez, en Cela con cargo a fondos propios do Concello de Mos.

Por outra banda, o luns día 15 comezarán os traballos de limpeza e actuacións topográficas, para no mes de febreiro concluir as repacións na zona da Furna en Pereiras e no camiño da Quiringosta en Sanguiñeda, este último soamente pendente das xestións últimas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Estas dúas actuacións poderán ser realizadas grazas a colaboración de Concello e Deputación Provincial con cargo ao Plan Máis Provincia.

A alcaldesa de Mos afirmou que “Deste xeito o concello cumpre o compromiso de dar solución aos problemas causados polos temporáis e diferentes puntos de Mos, unha vez iniciamos un novo exercicio cuns novos presupostos. Os mesmos presupostos que a oposición intentou atrasar”.

Deste xeito o concello de Mos porá solución nos próximos meses a una necesidade de reparacións puntuais dos desperfectos causados polos últimos temporáis.

Comparte este artigo