Free Porn
xbporn
Home Pontevedra A Asociación Érguete recibe a Cruz Blanca de la Orden al Mérito...

A Asociación Érguete recibe a Cruz Blanca de la Orden al Mérito del Plan Nacional sobre Drogas

- Anuncio -

O Ministerio de Sanidad premia así a traxectoria e o traballo exemplar da entidade pola mellora de vida das persoas con problemas de adiccións

Hai case 39 anos un grupo de nais formaron unha Asociación para que os seus fillos e fillas con problemas de adiccións tiveran unha saída. Tamén era unha plataforma pola que protestar, loitar e, tamén, soñar. Chamárona Asociación Érguete e hoxe, case corenta anos despois, continúa a súa labor con máis persoas usuarias que nunca (máis de 8.000) e o seu traballo foi  premiado coa Cruz Blanca de la Orden al Mérito del Plan Nacional sobre Drogas polo Ministerio de Sanidad hoxe nun acto en Madrid.

A coordinadora da Asociación, Elvira Rivas, destaca que este recoñecemento “é un premio a todas aquelas nais que, como Carmen Avendaño, Dora, Tonina, Ballesteros, Sara ou Mari Graña, soñaron o que somos hoxe” e tamén “un impulso máis a este proxecto que queremos que siga crecendo para non deixar a ninguén atrás”. Rivas quere lembrar a importancia para a sociedade dos programas de prevención e intervención da Asociación, tanto na saúde pública como no impulso de novas oportunidades.

Coa Cruz Blanca na Asociación Érguete tamén queren insistir en que a loita contra as adiccións “ten que ser un compromiso común para todos e todas”. O primeiro paso, é non criminalizar ás persoas que consumen. “Temos que saber que teñen un problema do que non se pode saír só. Ninguén podería”. Contan que a única maneira de solucionar esta problemática “é que rememos xuntos e xuntas para seguir conseguindo recursos para axudar a estar persoas e deter aos culpables, os grandes traficantes”. Rivas incide en que a Cruz Blanca é un recoñecemento que mostra a importancia deste traballo.

O Ministerio de Sanidad tamén premiou á Asociación Ferrolana de Drogodependencias – ASFEDRO, a Ana María Vicente Macías, a Alejandro Martín Blas, a Patricia Angulo Llanos, ao Grupo de Control Aduanero y Seguridad en las Terminales Portuarias de la Aduana Marítima de Valencia, a Ana Ruíz Bremón, a Ana Sánchez Sánchez, a Francesc José Verdú Asensi e a Alfonso Ramírez de Arellano.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas