O Concello destina en total 99.500 € en subvencións para as entidades deportivas e deportistas individuais e para as as asociacións que desenvolven actividades ou programas culturais, fomentan o asociacionismo ou celebran festas
O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de solicitude para optar as axudas municipais para o fomento do deporte, do asociacionismo, das actividades festeiras e culturais, tal e como publica o BOPPO número 121 e 122 do 29 e 30 de xuño respectivamente. Estas están dirixidas a entidades inscritas no Rexistro Municipal de asociacións. En total, o Concello destina 27.000 € en subvencións para clubes deportivos (máximo 3.000 € por clube) e 5.000 € para deportistas individuais (máximo 600 € por persoa). Pola súa banda, consignáronse 10.000 € para o fomento do asociacionismo (máximo 1.250 € por asociación), 37.500 € para a celebración de festexos populares (máximo 3.500 €) e 20.000 para o fomento da cultura (máximo 2.000 €). As tres subvencións suman un total de 99.500 €.
Concretamente, as subvencións deportivas están destinadas para a actividade de fomento do deporte, realización de actividades ou proxectos deportivos, participación en competiciones de nivel supraprovincial e apoio a deportistas indiciduais. Como o ano anterior, as bases destas achegas contemplan maior puntuación aos clubs de maior antigüidade e tamén se valora o número de veciños integrantes e de mulleres ou de deportistas con licencia de deporte adaptado, adestradores con titulación oficial, nivel de competición, emprego da lingua galega… En canto a axuda para deportistas individuais, valórase os resultados obtidos nos diferentes campionatos oficiais.
Por outro lado, optan as subvencións aquelas entidades que ofrecen programación cultural con carácter público ou, noutra outra liña de subvencións, aquelas que fomentan o asociacionismo ou celebran festexos. “O noso compromiso é de máxima colaboración con todos os colectivos do municipio, que son os grandes promotores das actividades lúdicas, culturais, deportivas ou festeiras, por iso consideramos prioritaria esta liña de axudas”, explica o alcalde, Juan González, quen encomia o seu “traballo desinteresado na promoción de todos estes aspectos que fan comunidade e que xeran un Nigrán máis amable para as persoas”.

