Son 140 prazas con prioridade empadroados maiores de 55 anos e ten un custe de 40 € que inclué a viaxe en barco, degustación e comida no restaurante Casas
O Concello de Nigrán abre este xoves 25 de xuño a inscrición para participar nun novo “Roteiro do Mexillón” que consta dunha excursión en barco con degustación deste bivalvo e comida posterior no Restaurante Casas de Redondela. A actividade dispón de 140 prazas e o prezo é de 40 €/persoa, tendo prioridade as persoas empadroadas no municipio maiores de 55 anos.
O programa previsto é saír ás 11:30 horas en autobús desde o Concello e realizar un paseo guiado en barco pola ría e degustación de 12:30 a 14:00 horas. A continuación, comida-baile no Restaurante Casas e regreso ao Concello ás 20:00 horas.
As persoas interesadas deberán realizar a inscrición en Atención Cidadá do Concello, de 9:00 a 12:00 horas e aboando o importe con tarxeta.

