HomeVigoNigránO Concello de Nigrán acollerá o 5 de xullo en Praia América...

O Concello de Nigrán acollerá o 5 de xullo en Praia América o torneo de rugbi-praia ‘Melgachos’

- Anuncio -spot_img

Nsta décima edición agárdanse equipos de toda España e Portugal e tamén unha representación de Irlanda

O Concello de Nigrán acolle o sábado 5 de xullo en Praia América a décima edición do torneo de rugbi-praia ‘Melgachos’ organizado en colaboración co devandito clube vigués e coa gran novidade de formar parte por vez primeira do circuíto nacional de rugbi-praia. Un ano máis, decenas de equipos de veteranos e senior de toda a península, e mesmo Irlanda, desputarán esta competición que, desde a súa orixe, ten lugar na area de Praia América, preto do aparcadoiro e o mercado multicultural. A inscrición de equipos está todavía aberta, facendo especial fincapé a organización en que este ano existan equipos femininos interesados. Como é tradición, despois de todo o día de partidos terá lugar o famoso ‘terceiro tempo’, no que os deportistas confraternizan comendo e bebendo e, con este fin, haberá unha barra instalada a pé de campo e música en directo.

“Este torneo forma parte xa da identidade do verán nigranés, cada ano deixa imaxes espectaculares na nosa retina. O certo é que para o Concello é unha oportunidade magnífica para promover este deporte aínda minoritario en España e, ao mesmo tempo, é un orgullo ser a ‘casa’ de tantos deportistas que, nun ambiente festivo e moi saudable, compiten en Nigrán ante centos de afeccionados e de bañistas que se empapan de rubgi”, explicou Juan González, alcalde de Nigrán, durante a presentación esta mañá con Nestor Torres, presidente do Melgachos, Andrés Toledano, de Cervezas Banda, e os concelleiros de Educación e de Cultura, Estela Pérez e Roberto Garrido. 

Publicacións Relacionadas