Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán celebra este domingo 'Nigrán soa a Swing'coa Orquestra...

O Concello de Nigrán celebra este domingo ‘Nigrán soa a Swing’coa Orquestra de Saxos de Redondela e Xingro´s Band

- Anuncio -

Os concertos terá lugar na Alameda da Ramallosa ás 21:00 horas. Ambas bandas están formadas na súa maioría por alumnado do conservatorio de música de Redondela

 O Concello de Nigrán ofrece este domingo 21 de xullo ás 21:00 horas na Alameda da Ramallosa un concerto da Orquestra de Saxos de Redondela e Xingro´s Band baixo o título ‘Nigrán soa a swing’. O evento encádrase na programación de verán municipal.

A Orquestra de Saxos de Redondela nace hai dúas décadas pola iniciativa do seu directora Dª Elisa Arias Trigo. Desde a súa orixe está integrada por alumnos e alumnas da área de saxofón do Conservatorio de Música de Redondela, agrupando jovenes con idades comprendidas entre os 8 e os 27 anos. Caracterízase por ser unha agrupación orixinal e única, tanto na súa composición como no seu espírito formativo e didáctico. O repertorio abarca todos os estilos musicais e autores, desde os grandes clásicos (Bach, Mozart…) ata compositores de obras creadas exclusivamente para a Orquestra, pasando, naturalmente, pola música popular tradicional e, neste caso, prestarán especial atención ao swing.

Pola súa banda, a Big Band Xingros é un grupo nacido da necesidade de levar a música contemporánea e jazz ao gran público e está liderado polo mestre e compositor José Pérez Arias desde 2015. Desde a súa formación ten a súa sede reunión no Conservatorio de Música ‘Victor Urena’ de Redondela, onde realiza os seus ensaios ao estar composta na súa maioría por estudantes de diferentes especialidades. O número de membros é de preto de 21 músicos que tocan instrumentos de vento (saxofón alto, tenor, barítono e baixo), vento-metal (trompetas e trombóns) e sección rítmica (guitarra, baixo, teclados, piano, batería). Todos eles baixo a batuta do profesor e director José Peréz.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas