O Concello de Nigrán colabora coa iniciativa da Asociación de Celiacos de Galicia para ofrecer un obradoiro de cociña sen glute para persoas adultas

adminON
Lectura mínima de 1

O CONCELLO DE NIGRÁN COLABORA COA ASOCIACIÓN DE CELIACOS DE GALICIA PARA OFRECER UN OBRADOIRO DE COCIÑA SEN GLUTE PARA PERSOAS ADULTAS

Terá lugar no CEE de Panxón o sábado 20 de abril e é preciso inscribirse previamente nun formulario  pendurado na web www.nigran.es

O Concello de Nigrán colabora coa iniciativa da Asociación de Celiacos de Galicia (ACEGA) para ofrecer o sábado 20 de abril un obradoiro de cociña sen glute a cago de ‘Ecogalletas’ de 10:00 a 14:00 horas no CEE de Panxón (Camiño dos Lagos, 1). A actividade é gratuíta e está dirixida prioritariamente a persoas adultas empadroadas no municipio, sendo imprescindible inscribirse previamente nun formulario web en www.nigran.es ao estar as prazas moi limitadas. Os asistentes realizarán galletas en formas e con cookie-press, galletas de rulo e corte, outras tipo cookis americanas e biscoito de mazá, todo elo sen glute para que sexa apto de verdade para unha persoa celiaca.

Comparte este artigo