Continúa en agosto con Stoned at Pompeii (día 2), Dorrey Lyles&Marcos Coll (9), Arizona Baby (16), Dakidarría (20), Tangomango (23), e Losdeltonos e Cow Caos (28)
O Concello de Nigrán prosigue este mércores 29 de xullo o seu novo festival ‘Tardes na solaina’ co concerto tributo a Tarantino de ‘Mambas Negras’ ás 19:30 horas no campo das redes (Panxón). O quinteto da comarca rememora en directo as bandas sonoras das películas deste famoso director.
O evento suma un total de 8 concertos de primeiro nivel, todos ás 19:30 horas para coincidir co solpor. As actuacións continúan con Stoned at Pompeii o domingo 2 de agosto no esteiro de A Foz; Dorrey Lyles&Marcos Coll o domingo 9 no esteiro de A Foz; Arizona Baby o domingo 16 en Patos; Dakidarría o xoves 20 en Patos; Tangomango o domingo 23 no esteiro de A Foz; e Losdeltonos e Cow Caos o venres 28 de agosto en Patos. Todos os concertos son de balde excepto Arizona Baby e Dakidarría (ambos con entradas á venda en Malabar-Pénjamo) . Como é habitual no Concello, o novo evento volve a unir cultura e paisaxe para que a experiencia resulte inesquecible.

