O concello de Nigrán convoca este sábado unha nova limpeza de pélets en Patos xunta á Fundación da campiona de Vela Theresa Zabell

adminON
Lectura mínima de 1

Será a partir das 10:00 horas e é imprescindible inscribirse previamente nun formulario web pendurado en www.nigran.es . A xornada a promove o Concello de Nigrán, Asociación de Escolas de Surf de Patos, Fundación Ecomar e Fans do Mar

O Concello de Nigrán convoca este sábado 20 de Xaneiro unha nova limpeza de pélets na Praia de Patos desde as 10:00 ás 13:00 horas sendo preciso inscrición previa nun formulario web en www.nigran.es 48 horas antes do evento. Esta acción está organizada en colaboración coa Fundación Ecomar presidida pola mellor regatista española da Historia, Theresa Zabell, quen acudirá ex-profeso, Fans do Mar, Concello De Nigrán e a Asociación de Escolas de Surf de Patos. Ademais da recollida, realizarase un obradoiro de concienciación sobre o lixo e plásticos nas nosas praias e océanos.

Comparte este artigo