Flores frescas decoran xa os camposantos de Nigrán e Parada, os dous únicos de xestión municipal
O Concello de Nigrán mantén xa engalanados con máis de 200 plantas de flores os seus dous únicos cemiterios municipáis, o de Parada e Nigrán (San Fiz), de cara á festividade de Defuntos e Tódolos Santos. Adicionalmente, a adxudicataria municipal do mantemento de zonas verdes, Samyl, realizou esta semana un traballo extra de poda, corta do céspede, etc. Ámbolos dous son os únicos camposantos de Nigrán de xestión municipal.
“Ambos están en perfecto estado durante todo pero nesta fin de semana tan tradicional hai que estar á altura e aumentar ese esforzo porque é cando máis visitas se reciben”, xustifica o alcalde, Juan Gonzalez

