O concello de Nigrán festexa o seu patrón, San Fiz, con verbena o mércores e xoves

adminON
Lectura mínima de 2

A celebración terá lugar o mércores 31 de Xullo con Grupo Bomba e Solymar e o xoves 1 de Agosto (festivo local) ao mediodía co Banda de Acordeóns Metropolitana. Como é tradicional, haberá sesión vermú no día 1 con ‘pulpeiro’

O Concello de Nigrán organiza un ano máis a festa de San Fiz, patrón do municipio, o 31 de Xullo e 1 de Agosto (festivo local este último). A celebración terá lugar no torreiro do Ceán, comezando o mércores a partir das 21:30 horas e ata as 03:00 horas con verbena a cargo do Grupo Bomba e Orquestra Solymar. Ao día seguinte, como é tradición, a Banda de Acordeóns Metropolitana abrirá o día festivo cun breve concerto na Praza do Concello ás 11:00 horas para volver a tocar no Ceán trala Misa Maior e procesión, completándose a mañá coa presencia no torreiro do tradicional ‘pulpeiro’ e unha cantina con bebidas e comida.

“Desde o Concello de Nigrán recuperamos hai xa 9 anos esta celebración popular encargándonos de organizala de xeito directo porque, ata ese momento, sendo San Fiz o patrón do municipio esa data pasaba desapercibida, mentras que nos consideramos que esta debe ser a gran verbena que sume a todas as parroquias”, considera o alcalde, Juan González.

Comparte este artigo