O tramo de Estrada pola Vía entre a rotonda de Prado e da Ramallosa quedará pechado ao tráfico entre as 8:00 e 13:30 horas
O Concello de Nigrán informa de que a celebración este domingo 22 de setembro do ‘XII Triatlón Illas Cíes’ en Vigo afectará ao tráfico en Nigrán no tramo de Estrada pola Vía entre a rotonda de Prado e da Ramallosa, quedando totalmente pechado ao tráfico entre as 8:00 e 13:30 horas, cando se estará a disputar a etapa de ciclismo. Infórmase á veciñanza que unicamente pode acceder as súas vivendas pola devandita estrada que non poderán facelo co vehículo, debendo contactar coa Policía Local en caso de urxencia ou necesidade extrema. Para estes fins de máxima necesidade habilitarase un filtro na rotonda da rúa Mariñeiro/Estrada pola Vía e no cruce da Avda.Praia América con Avda. Torrente Ballester (semáforos da Foz) como únicas salidas da zona. Para calquera duda ou aclaración deberá contactarse coa Policía Local no 696440390.

