O concello de Nigrán inicia o 1 de xullo as actividades deportivas en Dunas de Gaifar

Redacción

Inclúen zumba, ioga, tai-chi, pilates e adestramento funcional, todas gratuitas e en múltiples sesións

O Concello de Nigrán inicia desde mañá mércores 1 de xullo e ata o luns 31 de agosto as actividades deportivas de verán no complexo Dunas de Gaifar, todas ao aire libre, gratuítas, sen necesidades de inscripción previa e con monitores especialistas. En concreto, desenvolverase Zumba os luns, mércores e venres en dobre sesión (11:00 e 20:00 horas); Pilates os luns e mércores (10:00 e 21:00 horas); Tai-chi os martes e xoves (11:00 e 19:00 horas); Ioga os martes e xoves (10:00 e 20:00 horas); finalmente, Adestramento Funcional os martes e xoves ás 9:30, 10:30, 20:00 e 21:00 horas e os venres ás 9:30 e 10:30 horas. O obxectivo do Concello é fomentar de xeito gratuíto a práctica deportiva como rutina saudable.

Comparte este artigo