Terá lugar no Auditorio a partir das 19:00 horas e inclúe chocolate quente con rosca
O Concello de Nigrán ofrece este domingo 22, dentro da súa programación especial de Nadal, un baile no Auditorio Municipal a partir das 19:00 horas e ata as 22:00. O baile contará coa música en directo do grupo ‘BL Pop’ e incluirá chocolate quente con rosca. A entrada é de balde ata completar aforo.

