O Concello de Nigrán ofrece este luns 29 de xuño, festivo local por San Pedro, o concerto da Banda de Música Municipal de Redondela tras a Misa Maior das 12:00 horas no Torreiro de Festas de San Pedro, que estará oficiada polo obispo Antonio José Valín. Así, a agrupación tocará na tradicional procesión e, ao remate da eucaristía, sobre as 13:00 horas, ofrecerá un concerto. Nigrán celebrará o seguinte festivo local o 24 de agosto, día grande de San Roque de Camos.

