O concello de Nigrán ofrece este mércores o contacontos de Raquel Queizá ‘Na túa man’

adminON
Lectura mínima de 2

Está dirixido a crianzas a partir de 3 anos e terá lugar na Biblioteca Municipal ás 18:00 horas

 O Concello de Nigrán ofrece este mércores 23 de octubro ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal o contacontos ‘Na túa man’ de Raquel Queizás, dirixido a crianzas a partir de 3 anos. A actividade, de balde e sen necesidade de inscrición previa, forma parte do programa de dinamización á lectura ‘Ler Conta Moito’ levado adiante entre a Xunta e concellos.

Nellie Bly foi a primeira reporteira de periodismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto. Remexeu as conciencias coas súas atrevidas e perigosas reportaxes. Aquela mañá, por baixo da porta da reporteira, entrou unha nota anónima, “na túa man” puña… Ao longo dunha inesperada investigación imos ir descubrindo historias e relatos para poñer en valor o respecto, a tolerancia e mais a comunicación dentro das relacións entre as persoas. Desmitificaremos o mal chamado “amor romántico” para darmos a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidindo nas causas, tipos e consecuencias. Viaxaremos na procura de novos modelos saudábeis de parella. Atoparemos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes. O cambio está nas nosas mans, o cambio está NA TÚA MAN.

Comparte este artigo