Free Porn
xbporn
Home Vigo Mos Triple victoria para o UD Mos Feminino que se proclama campión galego...

Triple victoria para o UD Mos Feminino que se proclama campión galego en Infantil e Cadete e o Mos B ascende a 1ª liga Galega

- Anuncio -

As abellas mosenses demostran que son a mellor opción para integrar ‘As Celtas’

O Concello de Mos organizoulles esta tarde ás xogadoras da Unión Deportiva Mos Feminino unha recepción con motivo das tres flamantes victorias acadadas esta fin de semana. Por unha banda os equipos das categorías Infantil e Cadete erixíronse campións galegos e por outra o equipo filial B ascendeu á liga 1ª Autonómica.

As futbolistas foron recibidas no Multiusos das Pozas pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, o tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, e demais membros do equipo de goberno local e Corporación Municipal.

Unha fin de semana intensa para o fútbol feminino mosense

O pasado sábado 15 de xuño a UD Mos Feminino proclamouse campión galego infantil e campión galego cadete. Foi no campo de As Corticeiras en Caldas de Reis.

Así, o club proclamouse campión feminino por partida triple, xa que tras proclamarse campioas galegas nas categorías infantil e cadetes, as abellas do UD Mos Feminino B tamén lograron onte pola tarde o ascenso á primeira liga Galega nun disputado encontro contra o SR Calo de Santiago.

Na categoría infantil o Mos impúxose ao Victoria da Coruña por 1-2. E en cadetes, o Mos derrotou ao Orzán 0-1 grazas a un solitario tanto de Claudia, nunha acción a balón parado, xa na recta final.

Durante o acto de recepción, e celebración dos títulos acadados polas xogadoras, a rexedora local, Nidia Arévalo, destacou “a noraboa ao presidente do club, Pablo Serodio, e ao director deportivo, Cristian Taibo, polo gran labor e entrega de tantos anos que, queda claro, dan os seus froitos”, dixo, e tamén felicitou aos adestradores “das infantís, Romario, das cadetes, Chuvi, e do Mos B, Andrés; pola gran tarefa desenvolvida con estas rapazas, tanto deportiva como didáctica, educativa e de fomento de valores sociais, de convivencia, compañeirismo e competitividade sá”. E rematou Arévalo con palabras para as grandes protagonistas, as xogadoras, “as nosas abellas que veñen de demostrar sobradamente que son a mellor opción para integrar o Celta Feminino ‘As Celtas’ con este gran traballo deportivo realizado” e tamén para as súas familias “polo esforzo que supón de traslados a adestramentos e partidos… pola incondicionalidade para que as xoves futbolistas fagan realidade o seu soño e desenvolvan as súas habilidades deportivas… Gracias de corazón.” Rematou.

Relacionadas

O alcalde e membros do comité organizador presentan a terceira Andaina Concello de Campo...

0
Celebrarase o 22 de setembro e realizarase sobre tres percorridos: un de 24 kms., outro de 14 kms. e un pequeño de 8 kms. Por...

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez participa na inauguración da exposición “Pontevedra no tempo”

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela, participou hoxe na sede Afundación de Pontevedra no acto...

A deputada Isabel Couselo reúnese co alcalde de Vilanova para seguir avanzando na estrada...

0
Trala posta en marcha do convenio para a primeira fase da actuación na estrada provincial EP-9701 Baión-András, a deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e...

A cidadanía de Covelo poderá cubrir as zonas de sombra con tecnoloxía satelital

0
O servizo de Hispasat ofrece banda ancha por satélite de calidade O Concello de Covelo informa que para aqueles veciños e veciñas que non conten...

Turismo e ecoloxía van da man cos Roteiros Ambientais do Concello de Redondela

0
As actividades comezaron hoxe cunha ruta en kaiak pola Portela, e haberá outras catro saídas esta semana pola Senda da Auga, visitas nocturnas pola...

A Deputación de Pontevedra deberá aboar 350.000 euros a Soutomaior

0
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de dar á razón ao Goberno de Soutomaior no xuízo polas axudas Reacciona Pontevedra (REACPON)...

Publicacións Relacionadas