O concello de Nigrán ofrece este xoves co Cineclub Val Miñor Alice Guy a película “Father, mother, sister, brother”

Redacción

A proxección terá lugar no Cine Municipal da Ramallosa ás 20:00 horas

O Concello de Nigrán colabora co Cineclub Val Miñor-Alice Guy para ofrecer este xoves 25 de xuño ás 20:00 horas no Cine Municipal da Ramallosa (no centro comercial) a película de Jim Jarmusch ‘Father, mother, sister, brother’ (2025). A entrada é de balde ata completar aforo e ao finalizar haberá un coloquio dirixido polo profesor Alfonso Castaño.

          Trátase dunha traxicomedia dividida en tres actos ao redor do mesmo feito: o reencontro de membros dunha familia. Uns irmáns xa adultos volvense xuntar despois de anos sen verse, forzados a enfrontarse a tensións non resoltas e a reevaluar as súas tensas relacións cuns pais emocionalmente distantes. Cada unha das tres historias ten lugar nun país diferente: ‘Father’ está ambientada en EEUU, ‘Mother’ en Dublín, e ‘Sister Brother’ en París.

Comparte este artigo