Os interesados poden inscribirse o 8 e 9 de xullo na Oficina de Atención Cidadá de 9:00 a 13:00 horas e abonando 20,70 € os maiores de 10 anos e 13,50 € os menores de 10(pago só mediante tarxeta)
O Concello de Nigrán ofrece o sábado 11 de xullo unha excursión ao parque acuático de Amarante (Portugal). Os interesados deben inscribirse o 8 e 9 de xullo na Oficina de Atención Cidadá de 9:00 a 13:00 horas e abonando en concepto de entrada 20,70 € os maiores de 10 anos e 13,50 € os menores de 10 anos (pago só mediante tarxeta). O Concello dispón gratuitamente do transporte e a saída é ás 9:00 horas desde o Concello, estendéndose durante todo o día. Non está incluído o xantar, no recinto hai zona de picnic e restaurantes, pódese entrar con comida pero non con vidro ou cubertos de metal. Tampouco se permite a entrada con accesorios de praia.
O parque, situado a 60 km de Oporto e con marabillosas vistas ao río Tamega, conta con tres impresionantes tobogáns, varias piscinas de diferente tipo, caracois, pistas rápidas, zona de solarium… A diversión está garantida para toda a familia.

