O concello de Nigrán pecha este venres e domingo “Vermú de Barrio” con “Three Roosters” e a gañadora de “La Voz” Antía Piñal

Redacción

A primeira actuación será ás 20:00 horas e a segunda ás 12:30 horas, ambas na Praza do Concello

O Concello de Nigrán pecha ‘vermú de barrio’ cunha dobre actuación na Praza do Concello: este venres 26 ás 20:00 horas ‘Three Roosters’ e o domingo 28 ás 12:30 horas Antía Pinal, gañadora de ‘La Voz’ 2025.

‘Three Roosters’ é un grupo miñorano de Rock, Folk & Country con temas propios e versións, liderado polo nigranés Berto Misa á guitarra, e os vigueses Bruno Figueiras á voz e Fran Sánchez ao baixo. Pola súa banda, a cantante viguesa de 21 anos Antía Pinal ven de publicar o seu primeiro single, que presentará neste concerto xunto a temas que interpretou no coñecido programa.

“Vermú de barrio naceu hai 2 anos desde o Concello de Nigrán para apoiar aos músicos da comarca ao tempo que axudamos a dinamizar o comercio local e a xente socializa”, indica o alcalde, Juan González, sobre estos concertos que nesta edición suman 5 actuacións de cadanseu grupo e en escenarios como a Praza da Biblioteca, Patos ou a Alameda da Ramallosa. Esta iniciativa do Concello de Nigrán conta con parte da financiación a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra.

Comparte este artigo