A obra, do grupo Atrezo Teatro, vai sobre o embarazo adolescente e haberá un coloquio ao rematar
O Concello de Nigrán pechará este domingo o seu ciclo de teatro de outono coa obra “A decisión de María”, de Atrezo Teatro. Será ás 19.00 horas no Auditorio do Concello de Nigrán con entrada de balde. A obra conta a historia de María, unha rapaza que “xogou sen coñecer as regras. quedou preñada, soa, con medo e non sabe que facer”, explican.
A representación pecharase cun coloquio para que as rapazas do grupo poidan compartir co público as reflexión extraídas da representación.