O concello de Nigrán pendura o PXOM definitivo na web e convoca o Consello Sectorial para este xoves

Redacción

A comisión informativa previa ao pleno extraordinario do 1 de xullo terá lugar tamén este xoves e o documento, ademáis de estar xa online, será entregado en todas as entidades veciñais antes dese mesmo día

Estamos ante un momento moi agardado durante anos, asi que animamos a toda a veciñanza a que acuda ao pleno e sexa partícipe da trascendencia da súa aprobación”, sinala o alcalde

O documento ratifica un 40% de vivenda protexida para os novos desenvolvementos urbanos, promove un crecemento sostible que non prima a costa sobre o interior e deixa fora o vial plantexado no 2013 que tronchaba Nigrán desde A Xunqueira a Saiáns

É un documento de sobras coñecido xa por toda a cidadanía e que non incorpora ningunha sorpresa, agora confiamos na máxima celeridade da Xunta para darlle a aprobación definitiva”, resume González

O Concello de Nigrán pechará este xoves todas as cuestións informativas previas á celebración do pleno extraordinario do 1 de xullo no que se aprobará provisionalmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Como primeiro paso, o documento definitivo está xa pendurado na web municipal (apartado ‘enlaces de interese’ en portada de sede electrónica, en https://nigran.sedelectronica.gal/info), a maiores, entre hoxe e mañá será levado en formato papel a todas as entidades veciñais. Pola súa banda, o Consello Sectorial, composto por 27 asociacións (desde partidos políticos a asociacións veciñais, culturais ou deportivas) xa está convocado para este xoves ás 20:00 horas no Salón de Plenos coa presencia do equipo redactor e do propio alcalde e concelleiro de Urbanismo. Igualmente, este mesmo pola mañá celebrarase a comisión informativa previa ao pleno coa presencia dos voceiros dos grupos políticos representados na corporación e que xa dispoñen de toda a documentación desde a semana pasada.

“É un documento de sobras coñecido xa por toda a cidadanía e que non incorpora ningunha sorpresa, a partir do 1 de xullo confiamos na máxima celeridade da Xunta para darlle luz verde á aprobación definitiva que significará a súa entrada en vigor”, resume o alcalde, Juan González facendo referencia a que a administración autonómica ten un prazo de 3 meses para respostar. “Estamos ante un momento moi agardado durante anos, asi que animamos a toda a veciñanza a que acuda ao pleno, que conocamos ex-profeso ás 20:00 horas, e que sexa partícipe da trascendencia da súa aprobación”, engade en referencia a que xa foi sometido a información pública e alegacións e presentado no 2023 en cada parroquia, ademais de dispor nese tempo dun servizo técnico específico no Concello para resolver dúbidas, agora simplemente está actualizado con todas as pequenas incorreccións detectadas desde a Xunta.

O certo é que desde a súa aprobación inicial no 2013 tiveron que pasar 10 anos para conquerir a totalidade dos 26 informes sectoriais favorables, sendo especialmente traballoso o da Axencia Galega de Infraestruturas ao ter eliminado este goberno municipal o vial que tronchaba Nigrán desde A Xunqueira ata Saiáns ou ter equilibrado a desigualdade urbanística que había entre a costa e o interior, onde se limitaba moito a construción de vivenda e, polo tanto, se condicionaba inxustamente o futuro desa veciñanza fronte a situada a pé de praia. Adicionalmente, desde xaneiro de 2024 e ata inicios deste mes, o traballo técnico consistíu no refundindo de todas as incorreccións detectadas desde a Xunta neste único documento que o goberno local presenta no Pleno.

“É unha noticia histórica e marcará un fito para Nigrán, que pasará a ser un dos poucos municipios de Galicia cun PXOM aprobado, o que permitirá un desenvolvemento sostible e equilibrado e, adicionalmente, outorgará unha garantía de futuro para os seus residentes ao multiplicarse a nova vivenda protexida e dar máis cancha ao rural, que no documento plantexado no 2010 estaba claramente discriminado, explica González, quen insiste en que chegar a este punto foi posible “grazas á cautela e ao consenso entre as dúas administracións implicadas, Xunta e Concello”.

O PXOM destina a espazos libres ou zonas verdes 403.186 m² dos cales 181.384 m2 corresponden a superficie que se prevé obter; a equipamentos destínanse 277.034 m² (44.416 msería novos); non se contemplan novas áreas empresariais e, en canto a vivenda, o máis relevante é que o 40% do que se constrúa en novos chans urbanizables terá que ser destinada a protección oficial (a capacidade residencial será de 5.758 novas vivendas das que se podería derivar unha oferta real de 3.988, cifra que coincidiría coa demanda previsible de cara ao hourizonte 2039)

“Teremos un PXOM fiel ao noso lema ‘Nigrán, equilibrio natural’. Con este documento protexemos o noso patrimonio natural apostando por un crecemento sostible que non discrimina social ou ambientalmente á cidadanía”, resume.

Máis dunha década de traballo

A finais de 2010 o Concello de Nigrán iniciou a tramitación do PXOM co obxectivo de dar relevo ás normas subsidiarias de planeamento que rexen desde 1991 e que foron modificadas puntualmente, a derradeira de elas hai 6 anos por este goberno para axilizar a tramitación urbanística á veciñanza.

Na fase de exposición pública do ‘Avance do PXOM’ a cidadanía formulou 405 suxestións. A continuación, a aprobación inicial prodúxose o 14 de xuño de 2013 e no seu trámite de información pública durante o prazo de 2 meses recolléronse 1.397 alegacións respondidas. “Desde 2013 ata agora o traballo non cesou en absoluto, todo o contrario. Non chegamos a este momento da nada, a importancia do documento e a súa propia seguridade xurídica implican un traballo minucioso”, explica González. 

Comparte este artigo