O Concello ofrecerá gratis durante o mes de xullo e semanalmente cinco campus (iniciación ao xogo de rol; cerámica, xoiaría e manualidades, aventura, debuxo e customización de roupa e obxectos) todos a cargo de profesionais da comarca
Está dirixido prioritariamente a crianzas de 9 a 14 anos empadroadas no Concello e o prazo de inscrición está aberto a partir do venres 26 permitíndose só un campus por rapaz
As crianzas de Nigrán asumiron novamente o reto de deseñar os plans de ocio infantil nos que a creatividade fose a protagonista. Deste xeito, o órgano municipal de participación infantil e xuvenil autonomeado como ‘Xeración Xa!’, apostou por plan que complementan aos campamentos deportivos que, tradicionalmente, xa ofrece o Concello xunto aos clubes do municipio e cuxo prazo de inscrición está aberto. O resultado é que este ano, durante o mes de xullo e de de luns a venres gratuítamente, o Concello ofrecerá cinco opcións: ‘Iniciación ao xogo de rol’ (do 6 ao 9 de xullo) en ‘Máis que xogos’ (Centro Comercial A Ramallosa); ‘Cerámica, Xoiaría e Manualidades’, con Nerea Vila (do 13 ao 17 de xullo en ‘Seres Espacio Creativo’, no Centro Comercial A Ramallosa); ‘Aventura Isleña’, con Tali en La isla de Tali (do 20 ao 24 de xullo); ‘Debuxando o Val Miñor’, con Coral Martínez (do 27 ao 31 de xullo en Academia de Cómic Val Miñor, no Centro Comercial A Ramallosa); e, finalmente, ‘Customización de roupa e obxectos’ con Dani Seek (do 27 ao 31 de xullo na Praza da Biblioteca). Todos están dirixidos a crianzas de 9 a 14 anos, con prioridade empadroados, e se desenvolven de 10:00 a 13:00 horas. A inscrición está aberta ata esgotarse as prazas e é a través da Oficina de Información Cidadá ou no 986365000, poidendo cada crianza inscribirse só nun único campus.
A ‘Xeración Xa!’, o consello de participación infantil creado polo Concello de Nigrán no ano 2021, está constituído por crianzas de diferentes centros educativos do municipio e reúnese durante o curso escolar mensualmente, destas asambleas xurden propostas que trasladan directamente ao goberno local, como foi o caso destes campamentos. Todo este traballo e outras iniciativas fixeron posible que o Concello de Nigrán fose recoñecido no 2024 por Unicef como ‘Ciudad Amiga de la Infancia’, isto implica ter en conta dunha forma efectiva e medible as voces, necesidades e prioridades das crianzas a través das decisións políticas, como é este caso. “Desde o Concello de Nigrán estamos moi orgullosos de contar cunha mocidade comprometida e participativa que nos permite construír un municipio de verdade amigo da infancia. É a nosa obriga escoitar á infancia, eles non poden ser cidadáns de segunda polo feito de non votar”, reitera o alcalde, Juan González.

