O Concello de Nigrán rehabilita a pista cuberta do IES Val Miñor para o uso do alumnadoe do Club de Patinaxe local

adminON
Lectura mínima de 2

Investíronse 10.000 € na substitución da vella superficie de baldosa por formigón pulido e creouse unha rampla de acceso ás oficinas do centro

O instituto gaña un espazo mellor para ocio ou exercicio físico e o Club de Patinaxe Nigrán unha pista de adestramento axeitada”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que o Concello traballa xa no obxectivo de crear un pavillón deportivo en Porto do Molle

O Concello de Nigrán ven de rehabilitar a pista cuberta do IES Val Miñor para beneficiar á propia comunidade educativa que o viña demandando e tamén ao Club de Patinaxe Nigrán. Así, investíronse 11.000 € na substitución da vella superficie de baldosa por formigón pulido, ao tempo que se aproveitou para crear unha rampla de acceso ás oficinas para garantir a súa accesibilidade. As obras, levadas a cabo por Hormigones Valle Miñor, implicaron acondicionar o terreo, crear arquetas de pluviais e pulir os 510 m² de xeito que resultase un pavimento óptimo para a patinaxe (a pista sintética do pavillón de Panxón, onde adestran actualmente, non reúne ás mellores condicións técnicas para este deporte).

“O instituto gaña un espazo mellor para ocio ou exercicio físico e o Club de Patinaxe Nigrán unha pista de adestramento axeitada para eles”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que o Concello mantén o obxectivo de crear un pavillón deportivo en Porto do Molle que resolva as carencias de instalacións tanto para os diferentes clubes locais como para o IES Val Miñor, cuxa infraestrutura resulta totalmente insuficiente para as súas necesidades. “Agora renovamos esta pista cuberta para que, de xeito provisional, poida ser empregada tamén polo clube de patinaxe e para educación física, pero o verdadeiro reto é un segundo Pavillón e xa estamos traballando nel”, sintetiza.

Comparte este artigo