O concello de Nigrán retira 20 kg de lixo da desembocadura no río Muiños na “XIX Limpeza Simultánea” organizada con Adega

Redacción

Oito voluntarios participaron o domingo na xornada recollendo fundamentalmente envases de plástico

O Concello de Nigrán sumouse como cada ano este domingo 4 de outubro ao “Proxecto Móllate polos Ríos”, coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrou na desembocadura do río Muíños en Praia América, onde se retiraron preto de 3 sacos cuns 20 kg de lixo na ‘XIX Limpeza Simultánea’ levada a cabo en municipios de toda Galicia. Nesta ocasión participaron 9 persoas e xuntos reuniron fundamentalmente envases de plástico como botellas e vasos e, como máis curioso, unha tabla de surf. A xornada saldouse coa presenza de menos lixo que nas anteriores edicións.

O Concello de Nigrán participa nesta xornada de concienciación ambiental dende o ano 2015 baixo a iniciativa do goberno local. Desde entón, grazas o labor de voluntarios, téñense retirado do esteiro de A Foz e o río Muíños máis de dúas tonelada de desperdicios, principalmente botellas de vidro e material de construción e pesca, pero tamén tixolas, paraugas, cadeiras, xoguetes…

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

“É un día de sensibilización e concienciación medioambiental no que se pon de manifesto a necesidade da correcta xestión dos residuos ao tempo que amosamos que as pequenas accións valen moito”, subliña o alcalde, Juan González.

Comparte este artigo