Dez persoas vinculadas con Amigos da Terra estarán desde o primeira hora informando aos asistentes do impacto medioambiental que produce o lixo e os buratos na area ao tempo que reparten sacos
Este ano estrease un operativo de vixianza con drons da unidade Pegaso que traballarán coordinados máis de 200 efectivos entre Policía Local, Guardia Civil, Policía Nacional e Protección Civil. Os accesos á praia estará controlados desde a mañá para que non se entre con apeiros, capazos ou calquera outro material
“Despois de tres anos coa campaña de concienciación #SanXoanSenLixo nesta edición damos un paso máis prohibindo facer buratos, así que non ten sentido vir ao areal con pas. Festa si, pero con respeto ao medioambiente”, advirte o alcalde, Juan González
“Unha única noite de festa mal entendida para o ecosistema supón moitísimo máis tempo de rexeneración. Ímos explicar aos asistentes que a zona dunar e un sitio especialmente fráxil”, explica Antón Lois, portavoz de Amigos da Terra

