A SAREB cedeu novamente ao Concello o espazo para este uso ata o día 30 de setembro. Trátase de dúas parcelas anexas de 5.677 m2 e 1.132 m2 con capacidade para algo máis de 300 vehículos
“Solicitámola novamente e nos deron todas as facilidades, así que estamos moi agradecidos porque alivia moito as necesidades de aparcamento na zona nesta época”, explica o alcalde, Juan González
O Concello de Nigrán dispón novamente desde esta fin de semana e ata o 30 de setembro dun aparcamento gratuíto en primeira liña de Praia América con capacidade para máis de 300 vehículos. Esta dotación para uso público foi posible grazas á acordar por segundo ano consecutivo coa SAREB unha cesión temporal para este uso. En concreto, trátase de dúas fincas anexas de 5.677 m2 e 1.132 m2 antigamente pertencentes a construtoras como Mario Puentes e que desde o ano 2015 permanecen pechadas perimetralmente.
“Solicitamos novamente o espazo á Sareb e nos deron todas as facilidades, así que estamos moi agradecidos porque alivia moito as necesidades de aparcamento na zona nesta época do ano”, explica o alcalde, Juan González, quen sinala que este ano o convenio se extende 15 días máis que no 2025, cando a cesión era ata o 15 de setembro e non o 30.
Nos vindeiros días o rexedor avanza que se abrirá outro no núcleo urbano de Nigrán tras terse convocado un novo procedemento para o alugueiro público dunha parcela cercana ao consistorio. Este sumarase ao leira-parking municipal da rúa Vilameán, tamén 100% público e gratuíto e no centro do municipio, ou ao parking municipal da Ramallosa, xestión que o consistorio asumíu o 5 de xaneiro de 2022 tras conseguir remunicipalizar esta infraestrutura que antes dirixía a concesionaria ‘Estacionamientos Valle Miñor, S.L.’, empresa liquidada e disolta no 2019, e que tamén opera de xeito gratuíto. “Somos conscientes do importante que son para os núcleos urbanos as bolsas de aparcamento porque repercuten directamente no pequeno comercio e na propia calidade de vida das persoa”, resume González, quen destaca a liña intramunicipal Nigranbus como outro avance en mobilidade que beneficia directamente a este fin.

