HomeVigoPazos de BorbénO Concello de Pazos de Borbé n revisa a concesió n do...

O Concello de Pazos de Borbé n revisa a concesió n do Tanatorio Municipal tras detectar múltiples deficiencias e posibles incumprimentos do contrato

- Anuncio -spot_img

O goberno municipal de AV, encabezado polo alcalde Luciano Otero, continua coa sú a polí tica de transparencia e revisió n da xestió n
herdada do anterior executivo local. A raiz dunha inspección sanitaria realizada recentemente no Tanatorio Municipal, detectá ronse numerosas deficiencias nas instalacións, relacionadas coa limpeza, a seguridade e o mantemento xeral.

Ante esta situación, o actual goberno abriu o expediente correspondente e comprobou que a empresa concesionaria poderí a levar anos incumprindo varias das obrigas establecidas no contrato, tanto no mantemento das instalacións como no pagamento das taxas anuais ao Concello.

O alcalde Luciano Otero sinalou que esta revisió n “é necesaria para garantir a legalidade e o correcto funcionamento dun servizo público tan sensible como é o tanatorio municipal” . Ademais, informou de que xa se deron as instrució ns oportunas á Secretarí a Municipal para analizar en profundidade a documentació n e determinar a situació n xurí dica da concesión.

O Concello actuará con total respecto á legalidade e á presunció n de inocencia, pero tamén con firmeza para defender os intereses de todos os veciños e veciñas de Pazos de Borbé n e asegurar unha xestió n transparente dos recursos municipais.

O rexedor lembrou que, dende a chegada de AV ao goberno local hai dous anos, o equipo municipal traballa intensamente para poñer en orde expedientes, xestionar orzamentos infravalorados e corrixir situacións irregulares que se arrastraban de etapas anteriores.

Finalmente, o alcalde comprometeuse a manter informada á veciñanza sobre as medidas que se adopten neste asunto e a continuar impulsando un modelo de administración local baseado na honestidade, o rigor e o servizo público.

Publicacións Relacionadas