A preinscrición deberá realizarse dende o día 25 ao 31 de marzo
O Concello de Ponteareas informa que xa están publicadas as bases abre a preinscrición para o campamento Concilia-Tea Semana Santa do día 25 de marzo ao 31 de marzo, unha oferta formativa que ten como fin principal a conciliación familiar coa laboral.
O Concilia-Tea Semana Santa ofrece actividades que combinan o xogo con actividades creativas, culturais e de coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.
Organizado pola concellería de Ensino do Concello, o Concilia-Tea Semana Santa está dirixido a menores de 3 a 12 anos escolarizados e nenos e nenas das etapas de Educación Infantil e Educación Primaria.
O Concilia-Tea Semana Santa terá lugar nas instalacións do CEIP As Veigas nos días laborais comprendidos entre o 14, 15,16 e 21 de abril de 2025 en horario de 9:00 a 14:00 horas, debéndose aboar un prezo reducido de 10 € por neno ou nena.
O numero máximo de prazas será de 20 con reservada de dúas prazas para alumnado NEAE. A concellería que dirixe Ricardo González informa que se porá a disposición das familias que o soliciten un servizo de aula matinal dende as 8:00 horas ata as 9:00 horas, debéndose aboar a cantidade de 6 € por cada neno ou nena.
As bases e o impreso de preinscrición poderán obterse de luns a venres en horario de 9 a 14 h. na oficina de Ensino, no segundo andar do Concello, ou no Rexistro Xeral do Concello de Ponteareas ou ben directamente na páxina WEB do Concello no apartado “convocatorias, axudas e subvencións”
O Concello de Ponteareas ofrece de xeito estable ao longo do curso escolar servizos de apoio á conciliación familiar e laboral como a aula madrugadores ou a habilitación de espazos para comedor ou aulas tardías nos colexios públicos. Nas tempadas vacacionais oferta campamentos con posibilidade de aulas de atención en horario temperá e de tarde.