Home Pontevedra O Concello de Redondela e Iniciativa Galega pola Memoria demandan protexer a...

O Concello de Redondela e Iniciativa Galega pola Memoria demandan protexer a illa de San Simón como “espazo de memoria”

- Anuncio -

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, reuníronse onte con Montse Fajardo, Guillerme Pérez e Matías da Torre, da Iniciativa Galega pola Memoria. O obxectivo do encontro era abordar diferentes aspectos sobre as necesidades e usos da illa de San Simón. Desde o Concello de Redondela a alcaldesa amosou o seu apoio á liña de traballo da Iniciativa Galega pola Memoria para solicitar ante o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática a declaración da illa de San Simón como un “espazo da memoria”, conforme á Lei de Memoria Democrática. Goberno local e colectivos da memoria coinciden na necesidade de “protexer a illa” para evitar que nela se celebren actividades lucrativas “e que supoñen unha ofensa para a memoria das vítimas”.
A xuntanza serviu tamén para abrir unha vía de traballo para poñer en marcha un Plan de Usos para a illa que se inclúa no PXOM de Redondela. Será o Concello o que o realice “contando co asesoramento da Iniciativa Galega pola Memoria, nos aspectos relacionados coa memoria histórica”.
Digna Rivas trasladoulle aos colectivos memorialísticos a demanda do Concello de Redondela para recuperar a Fundación Illa de San Simón. A alcaldesa entende que a illa de San Simón “precisa dunha fundación propia cunha dotación económica que permita desenvolver actividades na illa”. O Concello de Redondela propón abrir o debate para a recuperación desa Fundación, da que deberían formar parte o propio Concello, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, as tres universidades galegas e os colectivos da memoria. A Xunta de Galicia modificou en 2022 os estatutos da Fundación Museo do Mar de Galicia, o que supuxo que a xestión da illa de San Simón se integrase nesta entidade. O Concello de Redondela solicitou formar parte desta institución, pero desde a Xunta de Galicia “aínda non houbo resposta”, sinala Rivas.
A alcaldesa de Redondela e Iniciativa Galega pola Memoria, da que forman parte 38 asociacións de todo o país, concordaron tamén en que “calquera actividade que se celebre na illa deben ter en conta que se trata dun lugar de memoria histórica, e debe ter algunha vinculación ou mención coa memoria e co tempo que foi a illa foi cárcere”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas