O concello de Redondela presenta a I Edición da Feira da Saúde e o Benestar

Redacción

– A Mesa Local de Saúde organiza a feira co lema “Coidando a saúde, construímos comunidade”. Será o 26 de xuño na Alameda Castelao. A programación inclúe obradoiros, charlas de prevención e un Trivial con premios, todas elas actividades gratuítas. Un dos eixos da feira será a concienciación cidadá fronte ás adicións.

– A alcaldesa, Digna Rivas, salienta “o traballo extraordinario” da Mesa Local de Saúde para esta feira na que participan múltiples entidades,e agarda que sexa un punto de encontro onde a veciñanza aprenda a coidarse e atope ferramentas para mellorar a súa calidade de vida “nunha comunidade máis forte”.

A Mesa Local de Saúde de Redondela organiza a I Edición da Feira da Saúde e o Benestar, que se celebrará o vindeiro venres 26 de xuño na Alameda de Redondela. O evento, que conta coa colaboración do Concello e de numerosas entidades do sector social e sanitario. Desenvolverase en horario de mañá, de 10:00 a 13:30 h, e de tarde, de 17:00 a 20:00 h, co lema “Coidando a saúde, construímos comunidade”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, destacou o “traballo extraordinario e transversal” que realiza a Mesa Local de Saúde coordinando a todas as asociacións e profesionais para facer realidade esta primeira edición da feira. Esta iniciativa demostra que a prevención e o benestar “son piares fundamentais para a sociedade e para este Goberno local”. A Alameda será un punto de encontro onde a veciñanza poderá aprender a coidarse e atopará ferramentas para mellorar a súa calidade de vida, “porque coidando a saúde de cada persoa, construímos unha comunidade máis forte”, sinala Rivas.

A xornada comezará ás 10:00 h coa inauguración oficial. Ao longo do día, as diferentes asociacións e colectivos que integran e colaboran coa Mesa Local de Saúde ofrecerán actividades de balde:

  • Prevención e coidados: O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra ofrecerá unha charla sobre o uso responsable de medicamentos, a AECC falará sobre a prevención do cancro de pel, e a Cruz Vermella impartirá obradoiros de Primeiros Auxilios e Autocoidado Emocional.
  • Benestar mental e social: A Asociación Lenda organizará mesas redondas dedicadas á saúde mental e xogos de petanca.
  • Día Internacional contra o Narcotráfico: Érguete fará á lectura do Manifesto polo Día Internacional da Loita contra o Uso Indebido e Tráfico Ilícito de Drogas para reivindicar a prevención, a educación e o apoio social como ferramentas para combater o narcotráfico e protexer a saúde pública
  • Movemento e dinamización: Pola tarde haberá espazo para o exercicio físico cunha exhibición de Tai ChiGong de ASEARPO e un obradoiro de xerontoximnasia do CAPM Redondela. Ademais, o Centro de Saúde de Redondela organizará un Trivial da Saúde con premios para os que se inscriban previamente.

A organización convida a toda a veciñanza a achegarse á Alameda o vindeiro venres 26 de xuño para gozar desta xornada lúdica e saudable.

Bloque de Mañá

  • 10:00h – 10:30h
    • Inauguración da I Feira da Saúde e Benestar do Concello de Redondela.
  • 10:30h – 11:15h
    • Trivial da Saúde (Centro de Saúde Redondela) – Ubicación: Carpa.
    • Petanca – Ubicación: Stand da Asociación Lenda.
  • 11:30h – 12:00h
    • Mesa redonda: A saúde mental (Asociación Lenda) – Ubicación: Carpa.
  • 12:00h – 12:30h
    • Charla: Prevención do cancro de pel (AECC) – Ubicación: Carpa.
  • 12:30h – 13:15h
    • Obradoiro: Primeiros Auxilios (Cruz Vermella) – Ubicación: Carpa.
  • 13:15h – 13:30h
    • Lectura do Manifesto polo Día Internacional da Loita contra o Uso Indebido e Tráfico Ilícito de Drogas (Asociación Érguete) – Ubicación: Carpa.

Bloque de Tarde

  • 17:00h – 17:15h
    • Exhibición: Tai Chi Gong (ASEARPO) – Ubicación: Carpa.
  • 17:15h – 18:00h
    • Charla: Uso responsable dos medicamentos: Riscos e Erros da automedicación (Colegio Farmacéuticos Pontevedra) – Ubicación: Carpa.
  • 17:30h – 18:15h
    • Obradoiro: Autocoidado Emocional (Cruz Vermella) – Ubicación: Carpa.
  • 18:15h – 18:45h
    • Mesa redonda: A Saúde mental (Asociación Lenda) – Ubicación: Carpa.
  • 18:45h – 19:30h
    • Obradoiro: Xerontoximnasia (CAPM Redondela) – Ubicación: Carpa.
    • Petanca (Información no Stand do Centro de Saúde Redondela).
Comparte este artigo