Home Pontevedra O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

- Anuncio -

-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de biomasa para previr incendios forestais. No caso da zona de Río Frío, en Chapela, o goberno local demanda que sexa a Xunta de Galicia a que se faga cargo da limpeza e tala das zonas próximas ás vivendas atendendo ao convenio de colaboración asinado entre o Concello, Xunta, FEGAMP e SEAGA.

  • A concelleira Pilar Martínez explica que o Concello “non conta con medios materiais e persoais para asumir todas as execucións subsidiarias dunhas 20 parcelas das que non se coñece propietario, polo que en base á Lei de prevención de incendios forestais de Galicia tramitamos un novo expediente”.

O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte, dependente da consellería de Medio Rural, as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de biomasa para previr incendios forestais. A responsable de Medio Ambiente, Pilar Martínez, lembra que o Concello de Redondela recibiu en xullo de 2023 a petición dun veciño da zona de Río Frío para que se procedese á limpeza dunhas 30 parcelas con arborado e matogueira. A administración local solicitou aos propietarios a tala e roza destas parcelas, pero unha vintena non teñen identificado aos seus propietarios. O pasado mes de febreiro publicouse no Diario Oficial de Galicia unha notificación aos propietarios das parcelas de monte de Río Frío dada a súa obriga a manter os terreos próximos ás casas nunhas condicións que eviten a erosión e os incendios. “Transcorrido o prazo administrativo, son aínda unha vintena as parcelas que están sen limpar, e descoñécense quen son os seus propietarios”, explica Pilar Martínez. O Concello de Redondela “non conta con medios materiais e persoais para asumir todas as execucións subsidiarias das parcelas, polo que tramitamos un novo expediente en base á Lei de prevención de incendios forestais de Galicia”. A concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez, explica que ao abeiro do convenio de colaboración que ten subscrito o Concello coa Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA (Servizos Agrarios Galegos) “solicitarase que sexa a administración autonómica a que se faga cargo da limpeza nas zonas de arboredo de Río Frío, xa que o Concello non ten capacidade para facelo”. Mañá venres, 19 de abril, vence o prazo administrativo da publicación no DOGA do pasado 4 de abril deste novo expediente, e tramitarse a solicitude ante a consellería do Medio Rural.
A edil lembra que en febreiro “xa se informou aos veciños afectados de cal é a situación e os trámites que se están a realizar ante a Xunta de Galicia”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas