HomePontevedraO CondadoO concello de Salvaterra de Miño inicia o procedemento do acceso ao...

O concello de Salvaterra de Miño inicia o procedemento do acceso ao polígono industrial Chan da Ponte co fin de mellorar a seguridade viaria

- Anuncio -spot_img

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 8 de xuño, os pregos están publicados no perfil de contratación do Estado.
A obra de mellora do acceso ao Polígono Industrial Chan da Ponte está financiada pola Consellería de Economía por preto de 120.000 euros dun proxecto de case 150.000 euros a través das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Recordamos que Chan da Ponte ten unha superficie de 275.000 m² e unha superficie neta industrial de 156.111m², e conta cunha ocupación do 83% cun total de 40 empresas desarrollando a súa actividade.

Este Polígono entrou en funcionamento no ano 1999 e na actualidade presenta unha serie de deficiencias no seu acceso que precisan solución, debido en gran medida ao intenso tráfico de vehículos que acelera notablemente o deterioro superficial dos firmes e que ao mesmo tempo demanda melloras ou correccións para aumentar a seguridade, sobre todo dos peóns, xa que carece de beirarrúas.

As actuacións a realizar consisten na mellora do firme no acceso ao Polígono e de dous viais internos, a construción de dous tramos de beirarrúa de formigón en cor e a colocación de bolardos, co fin de mellorar a seguridade dos peóns, sobretodo nenos e nenas que se desprazan andando ao IES Salvaterra de Miño. Ademais tamén se executarán melloras en canto ao drenaxe de augas pluviais.

Publicacións Relacionadas