• A portavoz adxunta do GPP defende a Constitución e alerta do “ataque frontal” do Goberno de Pedro Sánchez á separación de poderes
A portavoz adxunta do Grupo Parlamentario Popular no Congreso, Cayetana Álvarez de Toledo, acompañada polo presidente do PP na provincia de Pontevedra, Luis López, o líder dos populares na cidade, Rafa Domínguez, e a secretaria xeral da formación local, Pepa Pardo, protagonizaron un paseo polas rúas do centro histórico antes de dar comezo a chárlaa-coloquio “Reconstitución”.
O evento, organizado polo PP de Pontevedra dentro dos actos de homenaxe á Constitución española, reuniu a máis de 250 persoas que participaron activamente na quenda de preguntas celebrado esta tarde na Sala Zennet.
Na súa intervención sobre o escenario, xunto a Domínguez e Pardo, Álvarez de Toledo puxo o foco na defensa da Carta Magna como garantía de convivencia e liberdade, e a urxencia de protexela porque “España non está condenada á indecencia, nin ao despotismo, nin á división”, termos cos que se referiu á situación política nacional. Da mesma forma, denunciou o “ataque frontal” de Pedro Sánchez aos tres contrapesos esenciais da Democracia: a liberdade de prensa, o poder xudicial e a oposición parlamentaria.
Álvarez de Toledo urxiu a necesidade dunha “rexeneración de verdade, profunda” e reafirmou o seu apoio ao poder xudicial, ao que definiu como o principal escudo da cidadáns fronte ao poder político. Así mesmo, tamén convidou aos pontevedreses a “non resignarse ao frentismo nin ao enfrontamento entre españois, e a poñer o foco na reconstitución que nos debe unir a todos para fortalecer as institucións”.
A dirixente popular ha feito un chamamento á participación dos cidadáns de Pontevedra e de toda Galicia na manifestación “Efectivamente: Democracia ou Mafia” que se celebrará este domingo en Madrid porque “o futuro de España está en mans de todos os españois e non de Pedro Sánchez”.



