O concello de Salvaterra de Miño ven de elaborar unha auditoría municipal das redes de saneamento para a detección de infiltración, a través da subvención de Augas de Galicia 2024, por un importe de máis de 18.000,00€

adminON
Lectura mínima de 1

A través desta colaboración entre administracións búscase lograr obxectivos comúns nas  políticas de saneamento cun análise exhaustivo do estado das redes actuáis, un aspecto  clave para que estes servizos se poidan prestar dun xeito adecuado, xa que as auditorías  municipais son un instrumento eficaz para identificar os problemas asociados á xestión  das redes de saneamento, identificar as principais entradas de augas brancas ou os  puntos de alivio. 

A través desta auditoría realizarase unha memoria da rede de saneamento, cunha listaxe  das estacións depuradoras de auga residuais, estación de bombeo de auga residual e  fosas sépticas do Concello, incuíndo a súa localización e a listaxe dos núcleos de  poboación conectados. 

Esta auditoría está subvencionada nun 80% por Augas de Galicia e nun 20% polo  Concello de Salvaterra de Miño.

Comparte este artigo