O Concello do Porriño abre hoxe, venres, 3 de xullo, o prazo de presentación de solicitudes para a prematrícula nas Escolas Infantís Municipais de Pontellas e Budiño para o curso 2026-2027. O período de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de xullo, ambos os dous incluídos.
As familias interesadas poderán presentar a súa solicitude a través do Rexistro Xeral do Concello do Porriño ou da Sede Electrónica municipal.
As dúas escolas infantís municipais ofrecerán unha atención educativa dirixida a nenos e nenas de entre 0 e 3 anos, contribuíndo á conciliación da vida familiar e laboral e garantindo un servizo educativo de proximidade e calidade. Coa incorporación das novas escolas de Pontellas e Budiño, o Concello amplía de maneira significativa a oferta pública de prazas para o primeiro ciclo de Educación Infantil.
O calendario do proceso continuará coa publicación das listas provisionais o 22 de xullo, un prazo de reclamacións do 23 ao 30 de xullo, a publicación da lista definitiva o 13 de agosto e a formalización das matrículas entre o 16 e o 27 de agosto. O inicio do curso está previsto para o 4 de setembro de 2026.
O Concello anima ás familias interesadas a consultar as bases da convocatoria para e a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido.

