O Concello do Porriño abre o prazo para o Campamento Infantil de Nadal 2026

Redacción

● Trátase dunha actividade gratuita para conciliar a vida familiar e laboral

O Concello do Porriño ven de anunciar a apertura do prazo para participar no Campamento Infantil de Nadal 2026, unha iniciativa pensada para ofrecer unha alternativa de lecer educativa e divertida para os máis pequenos durante o período vacacional.

O campamento desenvolverase durante os días 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro de 2026 e os días 4 e 5 de xaneiro de 2027, nun horario de 08:30 a 14:30 horas. Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos (ambos inclusive).

A actividade conta cun límite de 50 prazas dispoñibles. A adxudicación das mesmas realizarase mediante previa baremación e por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadronadas no Porriño.
Prazos e Modalidades de Inscrición

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 26 de novembro ao 4 de decembro e poderá realizarse a través de dúas vías:
● Rexistro electrónico: Desde as 00:00 h do 26 de novembro ata as 23:59 h do 4 de decembro.
● Rexistro presencial: Durante os días hábiles comprendidos no prazo de inscrición, en horario de atención ao público (desde as 9:00 h do 26 de novembro ata as 13:59 h do 4 de decembro).
“Unha actividade gratuita para que a rapazada disfrute dun Nadal inesquecible mentres as familias poden conciliar os seus horarios laborais”, explica o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo. Mentres, a concelleira Carolina González, anima ás familias a anotarse.

Comparte este artigo