– Os dous puntos limpos móbiles do Concello de Redondela están a disposición da veciñanza en Chapela ata o 21 de setembro. Un deles no aparcadoiro público da rúa Manuel Rodríguez Casal, e o outro no Pavillón Municipal Manuel González Soto.
– A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade fai un chamamento á cidadanía para que faga un uso “responsable” deste servizo. O edil Roberto Villar lembra que se trata dun colector para uso de particulares, e non de empresas. Tamén advirte que moitos dos obxectos depositados están en perfecto estado e podería ter “unha segunda vida, en lugar de acabar no colector”.
A concellaría de Infraestruturas e Sostibilidade e a de Medio Ambiente ampliou o servizo do punto limpo móbil en todo o municipio logo da adquisición dun segundo remolque. O concelleiro Roberto Villar explica que esta segunda unidade permite dar resposta ás demandas da veciñanza “que nos solicita este servizo durante máis días e con máis frecuencias nas parroquias”. Con este segundo remolque duplícase a estancia do punto limpo móbil en cada emprazamento, polo que está dúas semanas en cada lugar. Agora os dous remolques están en Chapela, ata o 21 de setembro, un no aparcadoiro da rúa Manuel Rodríguez Casal e o outro no pavillón municipal. O obxectivo deste servizo é “facilitar á veciñanza a reciclaxe de diferentes tipos de lixo que non debe de ir aos colectores da rúa”. Os residuos que se poden depositar neste espazo son pequenos electrodomésticos, móbiles e tabletas, material informático, cargadores, pilas, fluorescentes, pintura, xoguetes ou roupa, entre outros.
Uso responsable do servizo e residuos que non o son
O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Vilar, fai un chamamento á cidadanía para que faga un uso “responsable” deste servizo. O edil lembra que se trata dun colector “para uso de particulares, non de empresas”. Advirte Villar que en ocasións recollen nestes remolques unha gran cantidade de residuos que é evidente que corresponden a unha actividade profesional, e non de particulares “por exemplo o caso de varias ducias de porteiros electrónicos” . Tamén advirte que moitos obxectos depositados no punto limpo “están en perfecto estado, e algúns son completamente novos”. É o caso de xoguetes, roupa, cedés ou accesorios informáticos aos que lles pode dar unha segunda vida. “Animo á xente a que, se xa non utiliza algún obxecto que está en bo estado, o doe a entidades sociais antes de botalo ao colector”
Recollida de residuos voluminosos
Para residuos máis voluminosos como mobles, colchóns ou electrodomésticos, xa existe un servizo de recollida “porta a porta” cun sistema moi sinxelo para os usuarios. Tan só é preciso contactar con Urbaser no teléfono 986 388 111, en horario de 9 a 14 horas, e se lle informará do día e lugar no que pode depositar estes residuos.
CALENDARIO PUNTOS LIMPOS MÓBILES ÚLTIMO TRIMESTRE 2025
CHAPELA
Aparcadoiro público rúa Manuel Rodríguez Casal: 8 a 21 de setembro
Chaira do Pavillón Municipal Manuel González Soto: 8 a 21 de setembro
TRASMAÑÓ
Chaira do convento: 22 de setembro a 5 de outubro
CEDEIRA
Aparcamento xunto pista deportiva (polo antigo bar “Sobe se podes”): 22 de setembro a 5 de outubro
CABEIRO
Aparcamento do Centro Cultural San Juan de Cabeiro: 6 a 19 de outubro
VILAR
Aparcamento do Centro Cultural de Vilar de Infesta: 6 a 19 de outubro
QUINTELA
Aparcadoiro do novo Centro Cultural de Quintela: 20 de outubro a 2 de novembro
SAXAMONDE
Cruce Camiño do Sapal con Camiño : 20 de outubro a 2 de novembro
NEGROS
Aparcamento do Centro Cultural de Negros: 3 a 16 de novembro
REBOREDA
Zona do Cemiterio, aparcadoiro: 3 a 16 de novembro
VENTOSELA
Illa de contedores anterior ao CVCD da Miñoteira: 17 a 30 de novembro
O VISO
Chaira en Saramagoso, ao comezo da subida á Peneda: 17 a 30 de novembro
CESANTES
Miradoiro no Alto dos Tras: 1 a 14 de decembro
Catapeixe, praza de San Pedro: 1 a 14 de decembro
REDONDELA
Contorna do Concello: 15 a 28 de decembro
CHAPELA
Aparcadoiro público rúa Manuel Rodríguez Casal: 15 a 28 de decembro
Chaira do Pavillón Municipal Manuel González Soto: 29 de decembro a 11 de xaneiro
TRASMAÑÓ
Chaira do convento: 29 de decembro a 11 de xaneiro