Home Pontevedra Máis dunha vintena de pezas participan no concurso da Festa dos Maios

Máis dunha vintena de pezas participan no concurso da Festa dos Maios

- Anuncio -

Redondela celebrará a chegada do mes das flores coa tradicional Festa dos Maios. Unha vez pechado o prazo de inscrición, serán finalmente 25 maios, entre os tradicionais e os artísticos, os que estarán expostos para dar a benvida ao mes das flores. No concurso que organiza o Concello premiaranse as mellores figuras segundo a súa tipoloxía, e tamén as composicións das coplas. Conos e cruceiros, que son as estruturas enmarcadas na categoría de maio tradicional, compartirán espazo cos maios artísticos, de temática e forma libre, onde o único límite é a imaxinación dos participantes. A concelleira de Cultura, Rita Pérez, sinala que a celebración non se limita á exposición de fermosas esculturas elaboradas con elementos naturais, “senón que é unha xornada na que a veciñanza de todas as parroquias se achega á vila para compartir un día de festa, ledicia e retranca”. O 1 de maio os protagonistas desta festa son “os propios veciños e veciñas de todas as idades, que de xeito colaborativo realizan os maios tradicionais e artísticos, preparan as coplas e interprétanas para deleite de todo o público”, afirma Pérez Táboas.
O Concello, que destina unha axuda económica a cada maio que se presenta ao concurso, outorgará tamén un total de 12 premios repartidos a razón de 3 en cada unha das categorías: Premio ás coplas, Premio á interpretación, Premio ao maio tradicional, e Premio ao maio artístico. Todos eles teñen as mesmas contías económicas cun primeiro premio dotado con 300 euros, un segundo de 250 euros e un terceiro premio de 200 euros.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas