Home Pontevedra O Concello impulsa un protocolo de prevención, detección e actuación fronte ás...

O Concello impulsa un protocolo de prevención, detección e actuación fronte ás violencias sexuais no lecer nocturno

- Anuncio -

Anabel Gulías: “Queremos pór o foco na normalización da violencia, hai agresións máis leves -insultos, ataques verbais, bromas sexistas…- que se perciben como normais e que son xerme de situacións máis violentas”.

A violencia sexual ou a ameaza de sufrila é unha das formas prioritarias de limitación de acceso aos espazos públicos en clave de igualdade

O Concello de Pontevedra traballa na posta en marcha dun Protocolo municipal de actuación fronte as violencias sexuais nos espazos de lecer nocturno. A concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, presentou hoxe o borrador do que será unha ferramenta de prevención, detección e actuación fronte a calquera tipo de violencia sexista o que contribuirá a crear e consolidar espazos de lecer e festivos seguros para todas e todos. “Malia que as máis das veces somos as mulleres as que sufrimos as violencias sexuais, hai persoas do colectivo LGTBIQA+, que son tamén obxecto desas agresións”, lembrou a concelleira.

Hai que lembrar que a violencia sexual ou a ameaza de sufrila é unha das formas prioritarias de limitación de acceso a espazos públicos en clave de igualdade e desde o Concello de Pontevedra trabállase en acadar unha igualdade real e efectiva.

O protocolo será a ferramenta que marque as pautas de prevención e actuación fronte as violencias sexuais nas actividades recreativas asociadas ao lecer nocturno regulamentadas pola lexislación autonómica (Lei 10/2017 do 27 de decembro e Decreto 124/2019 do 5 de setembro) e tamén naqueles establecementos ou espazos que, mediante a formalización do proceso de adhesión, queiran sumarse. A adhesión é voluntaria, estará identificada cunha imaxe e mensaxes informativas nos locais e implica un compromiso activo de rexeitamento e loita fronte as violencias sexistas.

O borrador -un documento técnico- foi trasladado aos grupos políticos na Comisión municipal de Igualdade, celebrada a pasada semana e estará no Consello da Muller do vindeiro día 9 para a súa avaliación e presentación de posibles achegas. Tamén foi avaliado polo CIM e estará a disposición dos colectivos feministas de Pontevedra.
A prevención, sensibilización e formación tecen os vimbios do Protocolo de actuación fronte as violencias sexuais no lecer nocturno, pois como explicou a concelleira de Igualdade “queremos poñer o foco na normalización da violencia, pois hai agresións máis leves -insultos, ataques verbais, bromas sexistas e machistas, empurróns…- que se perciben como normais e que son o xerme de situacións máis violentas”. “A violencia, na maioría dos casos, non xurde de pronto” subliñou Anabel Gulías.
Os obxectivos que guían a implantación do protocolo son os seguintes:

  • Ofrecer unha pautas comúns e compartidas respecto a como actuar fronte as agresións sexistas, que faciliten unha resposta eficiente, rápida e eficaz que evite todo tipo de re-vitimización
  • Visibilizar e reafirmar o posicionamento da cidade, tanto das institucións como do movemento social e dos axentes de lecer nocturno, na loita contra a violencia.
  • Contribuír a xerar un modelo festivo e de lecer nocturno baseado no respecto ás liberdades, individuais e colectivas, que permita e facilite o acceso e uso dos espazos a todas as persoas por igual.
  • Sensibilizar o persoal profesional que traballa nos establecementos ou espazos de ocio nocturno ao respecto das violencias sexuais de xeito que poidan proporcionar unha resposta integral, garantindo a seguridade e protección da vítima.
  • O roteiro para a posta en marcha desta ferramenta de guía e actuación está marcado. Após da análise por parte dos distintos axentes sociais, darase a coñecer ao sector, comezando unha rolda informativa e de sensibilización que propicie a adhesión á iniciativa.
    A partir de xaneiro comezará a formación do persoal implicado neste combate contra as violencias sexuais no lecer nocturno. Recibirán formación por parte de persoal técnico da área de Igualdade, en quendas de tres xornadas, de tres horas de duración, nas que se darán pautas para prever, detectar comportamentos e/ ou agresións sexuais e sexistas e actuar, respectando en todo momento a vontade da vítima a quen darán
    apoio e información sobre os posibles pasos a dar e sempre garantindo a súa intimidade. Tamén terán formación para actuar fronte aos agresores e sobre os recursos existentes para atallar as violencias sexuais.
    A formación irá dirixida a responsables e/ou titulares dos establecementos ou das actividades de lecer nocturno; traballadores/as dos establecementos ou actividades (persoal de barras e sala, de control de acceso, gardarroupa, seguridade…); persoal dos Puntos Lila en zonas festivas; persoal de entidades locais e concellerías que interveñen no desenvolvemento das actividades que se levan a cabo en contornas de lecer. etc.

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros...

0
Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30...

Publicacións Relacionadas