O concello ofrece este sábado no Auditorio un concerto da “Orquestra de Cordas de Nigrán”

Redacción

Está integrada por 23 persoas de diferentes idades formadas no método Abreu grazas aos irmáns Mario e Miguel Ángel Quiñones, venezolanos afincados en Nigrán e discípulos directos de José Antonio Abreu, recoñecido mundialmente por ser o fundador do prestixioso “Sistema Nacional de Orquestras Infantís e Xuvenís de Venezuela”.

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 20 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto da ‘Orquestra de Cordas de Nigrán’ con entrada de balde ata completar aforo. A formación está integrada por 23 persoas de diferentes idades formadas no método Abreu grazas aos irmáns Mario e Miguel Ángel Quiñones, venezolanos afincados en Nigrán e discípulos directos de José Antonio Abreu, recoñecido mundialmente por ser o fundador do prestixioso “Sistema Nacional de Orquestras Infantís e Xuvenís de Venezuela”. A orquestra, formada por violíns, violas e violonchelos tocará desde temas de Bach, Haendel, Shostakovich a música tradicional irlandesa, o famoso tango de Carlos Gardel ‘Por una cabeza’ ou a canción de Coldplay ‘Clocks’.

Comparte este artigo