Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Bueu O ‘Concilia Bueu’ celébrase este verán con 120 nenos e nenas participantes

O ‘Concilia Bueu’ celébrase este verán con 120 nenos e nenas participantes

- Anuncio -
  • Laura Ogando, concelleira de benestar social e igualdade, visitou este xoves os obradoiros que se celebran nas instalacións CEIP Plurilingüe A Pedra e no pavillón
  • O programa comezou o 24 de xuño e estenderase ata o 6 de setembro con actividades culturais, artísticas e deportivas

Laura Ogando, concelleira de benestar social e igualdade, visitou hoxe o “Concilia Bueu”, o programa lúdico cultural e deportivo destinado á cativada que comezou na última semana de xuño e que se estenderá ata a primeira semana de setembro co obxectivo de favorecer tamén a conciliación laboral e familiar durante a tempada estival.

Os diversos obradoiros culturais, artísticos e deportivos estanse a celebrar con normalidade nas instalacións do CEIP Plurilingüe A Pedra infantil e primaria e no Pavillón Municipal Pablo Herbello. Precisamente este ano, con respecto a edicións anteriores, dende o consistorio ampliouse o número de prazas, así como a duración do programa e o horario diario, e incluíuse a posibilidade de comedor. 

En total participan 120 nenos e nenas que abranguen ideades dos 3 ao 12 anos e que realizan diversas actividades lúdicas.

O programa, que viña desenvolvéndose anteriormente en xullo e agosto, ampliouse agora en dúas quendas máis, polo que está operativo dende o 24 de xuño ao 6 de setembro, que era unha demanda que as familias realizaban ante as dificultades para conciliar pola ausencia das clases escolares. Ademais, tamén se amplía o horario ata as 15 horas, e existe un servizo de comedor que as familias poden contratar co cátering asignado.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas