HomePontevedraPontevedraO futuro Albergue de Peregrinos de Dozón avanza co horizonte posto no...

O futuro Albergue de Peregrinos de Dozón avanza co horizonte posto no Xacobeo 2027

- Anuncio -spot_img

A licitación para a rehabilitación da casa reitoral da igrexa de San Salvador do Castro sairá publicada neste semestre

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles reuniuse hoxe co alcalde de Dozón, Adolfo Campos Vázquez, para informalo do proxecto do futuro albergue de peregrinos que se instalará no municipio. Na reunión tamén participou o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas.

En concreto, o albergue ocupará as instalacións da antiga casa reitoral da igrexa de San Salvador do Castro, situada no lugar do Castro. Actualmente o edificio non está en uso, manténdose nun estado de conservación deficiente, motivo polo que será preciso un fondo traballo de acondicionamento ata que se poida empregar para o aloxamento de peregrinos.

Deste xeito, Turismo de Galicia prevé, unha vez entregado o proxecto, licitar a contratación da obra este primeiro semestre para que execute ao longo de 2026 co obxectivo posto na celebración do vindeiro Xacobeo 27.

A localidade de Dozón está situada nunha das últimas etapas da Vía da Prata ou Camiño Mozárabe, a ruta xacobea de maior percorrido. A Vía da Prata foi a ruta elixida en 2024 por 9.028 persoas para realizar o Camiño, un 12% máis que no ano anterior. No que vai de 2025, o número de persoas que optaron polo Camiño Mozárabe incrementouse nun 46%.

Publicacións Relacionadas