O GDR Terra e Auga convida a participar na xornada de presentación das novas estratexias LEADER que terá lugar na Casa da Xuventude das Neves o vindeiro día 20 de setembro de 10:00 a 14:00 horas.
O presidente de REDER, José Andrés García, o alcalde das Neves, José M. Alfonso e o presidente do GDR Terra e Auga, Pablo Castillo, inaugurarán este seminario no que participarán diferentes Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e de España e que axudará a comprender mellor o novo período do programa de axudas europeo, LEADER.
Esta xornada está dirixida a entidades sociais, empresas e emprendedores cuia actividade estea relacionada co desenvolvemento rural no Condado, Paradanta ou Salceda de Caselas pero tamén a todas aquelas persoas que que estean pensando en desenvolver un proxecto no rural para que se acheguen a coñecer as axudas Leader e saber de que xeito se poderán beneficiar. Para participar é preciso inscribirse enviando un correo electrónico a secretaria@redestatal.eu
Neste seminario abordarase a importancia de cooperación na aplicación de LEADER e amosarase experiencias de éxito con Raúl Gutiérrez Leralta, xefe dos servizos técnicos de REDER como moderador das intervencións de Manuel Acero Solís, xerente de GAL Araduey Campos, Palencia e Silvia del Río Rodríguez, coordinadora do proxecto de cooperación LEADER TOUR.
Ás 11:30 horas terá lugar o taller de presentación de estratexias LEADER 23/27 que moderará Víctor Jolín Garijo, coordinador de REDER e coas intervencións de Víctor de la Iglesia, xerente de Adri Palomares, Zamora; David Larrión, xerente de GAL Zona Centro, Valladolid e Juan Pedro Salas, xerente de ADESIMAN, Cuenca.
Ás 12:30 horas a sesión continua co debate sobre a importancia da implementación do LEADER no proceso de desenvolvemento rural de Galicia co xerente do GDR Terra e Auga, Paco González, como moderador e as intervencións de Domingo Lojo, xerente do GDR ASDECOMOR da comarca de Ordes; Ramiro Rubial, xerente de GDR Pontevedra-Norte e Lorena López, xerente do GDR Lugo.
Despois da clausura, ás 14:00 horas haberá tempo para degustar un viño da D.O Rías Baixas, subzona Condado do Tea e dar paso a un networking.